Airbnb e a Asociación Española de Asesores Fiscais (AEDAF) colaboran para lles axudar aos anfitrións responsables coas súas obrigas tributarias.

Como ser un anfitrión responsable?

Ser un bo anfitrión en Airbnb implica certas responsabilidades: coidar do teu fogar, atender correctamente os teus hóspedes, respectar os teus veciños, promover a economía local e cumprir coas obrigas fiscais e legais.

AEDAF lembra que os anfitrións deben declarar os seus ingresos e presentar as declaracións tributarias correspondentes.

Co fin de che axudar a ser un anfitrión responsable, AEDAF pon á túa disposición asesores fiscais para que poidas declarar dun xeito correcto os teus ingresos.

Cubre o formulario para atopares un asesor fiscal na túa zona.

Atopa o teu mellor asesor

Sesión informativa

Consulta a sesión informativa impartida polos expertos de AEDAF sobre como declarar os teus ingresos de Airbnb.